O obxectivo principal de FUNDESAR - entidade sin ánimo de lucro e de carácter benéfico – docente inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego – é destinar recursos económicos para o desenvolvemento dos programas formativos dos Centros de Promoción Rural – EFAs (en adíante CPR – EFA) existentes en Galicia, ubicados en inmuebles da súa propiedade.

Os dous CPR-EFA da provincia de A Coruña – FONTEBOA y PIÑEIRAL – están integrados desde o ano 2005 na Federación das EFAs de Galicia, entidade asociativa coa que FUNDESAR asinou un acordo de colaboración que se foi consolidando desde entón con abundantes froitos para ámbalas dúas partes.

Cada un deses centros conta con varios edificios para desenvolver as súas actividades; una parte deles destínanse ás funcións docentes e outra á aloxamento dos estudiantes. A Fundación, tras escoitar á Federación citada e mailos órganos rectores dos centros educativos, realiza as obras de conservación e mellora das construccións, cos seus correspondentes instalacións e equipamentos básicos, para que puedan adicarse ás finalidades previstas.

Nesa línea, FUNDESAR presta ademáis outros dous servicios:

  • Apoio económico para actividades educativas que se imparten nos CPR-EFAS
  • Apoio técnico e colaboración con outras iniciativas de formación e promoción rural