FUNDESAR quere aportar o seu pequeno gran de area ao desenvolvemento e progreso da sociedade con iniciativas que ofrecen respaldo a persoas e grupos máis desfavorecidos, promoviendo e apoiando iniciativas de solidariedade. A continuación recóllense as dúas liñas de actuación que se impulsaron ata agora:

  • No campo da difusión do coñecemento: Dotación de libros para as biliotecas dos CPR - EFAS (durante un quinquenio conseguiuse a adquisición de 6 libros mensuales a cada centro) para facilitar a consulta e lectura por parte de alumnos e familiares, mediante un adecuado servizo de préstamo.
  • No campo do voluntariado: persoas do patronato da Fundación contribuíron á promoción ou coordinación, xunto con diversas entidades de voluntariado (asociacións xuvenís e outras ong) e as EFAS,de actividades dirixidas a axudar puntualmente a persoas desfavorecidas nos campos de distribución de alimentos (en colaobración co Banco de Alimentos e Caritas), apoio escolar, animación en residencias, asistencia e acompañamiento de maiores, acollida de peregrinos do Camiño de Santiago (en colaboración coa Fundación CUME) e accións de mellora ambiental.

O voluntariado é unha expresión da solidariedade da cidadanía, desde a liberdade e o altruismo, de querer participar na erradicación de situacións de marginación.

A figura do voluntario foi e continúa sendo, unha peza crave, como axente de cambio e transformación nas entidades sen ánimo de lucro, estando íntimamente ligado ás necesidades e demandas dos usuarios e as súas familias.