FUNDESAR desenvolve un labor de asesoramiento e asistencia técnica aos Centros de Promoción Rural-EFAs de Galicia, directamente ou a través de terceiros, para a elaboración e posta en marcha de proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostenible do medio rural galego. Ocasionalmente, tamén brinda este tipo de apoio a outras persoas, como ex-alumnos dos mesmos, docentes ou empresas e persoas que colaboran con eles.

Constitúen algúns exemplos de actuacións realizadas ata a data:

  • Asistencia técnica de patronos e/ou expertos para a formulación de determinadas solicitudes de proxectos ante instancias rexionais, estatais ou europeas que propoñan os CPR-EFAs ou a Federación ou para a redacción de documentos de apoio.  
  • Preparación de documentos para as xestións de captación de fondos destinados a proxectos que promueva ou apoie a Fundación en favor da dinamización do medio rural.
  • Apoio na procura de empresas para realización de prácticas tuteladas de alumnos de actividades formativas.  
  • Reunións de asesoramiento ou mediación ante autoridades públicas e outras institucións sobre a implementación de políticas públicas e/ou estratexias, de face á consecución de obxectivos que afectan ao desenvolvemento sostenible do medio rural; presentación de queixas e/ou iniciativas vincularadas a medidas concretas.

Entre o equipo de persoas que voluntariamente prestan asesoramiento ou colaboración, a petición da Fundación, para formular e/ou levar a cabo iniciativas concretas de potenciación do medio rural cóntase con algúns patronos e outras persoas físicas e xurídicas que se beneficiaron dalgún xeito de actividades apoiadas pola Fundación (becarios, emprendedores, familias, etc.) ou membros doutras institucións ou empresas coas que se estableceu algunha colaboración.

Nun futuro inmediato, FUNDESAR ten previsto levar a cabo a seguinte acción: Programa de acompañamiento a mozos na inserción profesional, co obxectivo principal de apoiar aos mozos titulados ata a plena inserción profesional, mediante un sistema de apoio estructurado e personalizado, que se inicia ao remate da formación profesional e mantense ata o emprendimiento de proxectos empresariais ligados aos recursos locais ou a incorporación a un posto de traballo por conta allea, preferentemente na zona de residencia familiar.