A Fundación pretende estimular, mediante a formalización de acordos de colaboración, a participación doutras entidades e empresas en iniciativas concretas que contribúan á valorización e mellora da calidade de vida da poboación rural. As empresas poderían exercer así a súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Manter o mundo rural vivo en Galicia é unha tarefa de todos, non só das Administracións Públicas. Hai moito por facer pero tamén son moitos os recursos e potencialidades existentes; en FUNDESAR creemos que cunha mellor formación, un esforzo de imaxinación e moito tesón, entre todos podemos lograr poñer en valor eses activos e fixar e incrementar a poboación neste medio.

Para poder aportar o noso granito de area necesitamos contar coa túa colaboración. A unión fai a forza. Si queres participar nalgún dos proxectos, mediante unha achega (dineraria ou doutro tipo), ponche en contacto connosco e si velo oportuno, adiántanos por escrito os datos principais da túa proposta de colaboración. Pode servirche de modelo o seguinte texto.

DATOS BÁSICOS PARA FORMALIZAR UN ACORDO DE COLABORACIÓN

D. /Dña ......, en nome da EMPRESA ........., situada en .........., tfno ........., manifesto que dita entidade, no seu compromiso pola Responsabilidade Social Corporativa, ten intención de colaborar con FUNDESAR para a realización de accións que dean resposta a necesidades e problemas do medio rural en Galicia.

Por iso, co fin de contribuír en mellóraa do nivel de formación dos mozos titulados da comarca e favorecer a súa inserción laboral..., a miña empresa desexa patrocinar o proxecto/evento/programa "............", promovido pola Fundación, de acordo coas seguintes condicións:

  • Realizar unha achega dineraria anual de ........., no mes de ......... que se destinará preferentemente a........
  • Difundir o proxecto a través de .........
  • Proporcionar o material de apoio necesario para ...

En ......, a día .......