Benvida do PresidenteA Fundación para a Promoción e Desarrollo Rural (FUNDESAR)  é unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída en 1999 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do medio rural de Galicia a través de programas de apoio á educación e capacitación profesional de mozas e á dinamización socio-económica das zonas rurais.

Ao longo destes máis de tres lustros de actividade a Fundación centrou a súa labor en proporcionar apoio económico e asistencia técnica aos tres Centros de Promoción Rural - EFAS existentes en Galicia: Fonteboa (Coristanco), O Piñeiral (Arzúa) e A Cancela (As Neves), onde se imparte formación segundo un método de ensino baseado na alternacia entre a escola e a empresa, hoxe coñecido como Metodoloxía Dual, ben directamente ou ben a través de convenios coa Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia.

No 2015 FUNDESAR inicia unha nova etapa na que queremos crecer, facer máis visible nosa achega para o desenvolvemento sustentable do mundo rural, e convidar a participar neste empeño á sociedade no seu conxunto e, pola súa especial implicación, á comunidade residente nas comarcas que máis se benefician do traballo deses centros de formación profesional.

Somos conscientes de que na actual situación de cambio económico e social faise máis relevante, se cabe, continuar coa tarefa de promoción do medio rural galego para aproveitar todo o potencial que encerra. Por iso na Fundación queremos redobrar o esforzo para mellorar a formación dos seus habitantes (en especial dos mozos e mulleres) e desenvolver iniciativas que, xunto co sector primario, consoliden un marco que permita fixar a poboación nunhas condicións de calidade de vida equiparables ás das zonas urbanas.

En concreto, propoñémonos aumentar os recursos destinados a eses Centros educativos, que alcanzaron un alto grao de calidade no seu labor educativo e hanse desmostrado eficaces como instrumentos de integración laboral e focos de dinamización e emprendimiento, e impulsar con máis afán, mediante a formalización de acordos de colaboración, a participación doutras entidades e empresas neste servizo á sociedade, para ampliar a actividade.

O futuro do mundo rural de Galicia precisa da implicación de moitos actores, non depende só da actuación das Administracións Públicas. FUNDESAR pretende
continuar o seu papel catalizador e abrirse a novas colaboracións para que coa experiencia, imaxinación e tesón de todos, logremos mobilizar máis medios en favor de a súa promoción, comezando polas zonas de incluencia dos Centros Educativos arriba mencionados.

Queremos animar a todas as persoas, físicas e xurídicas, a non permanecer inactivas e a comprometerse dalgún modo nesta tarefa. Nesta web atoparedes datos
suficientes para coñecer a nosa actividade e a filosofía coa que traballamos.

Se tes interese, non dubides en poñerche en contacto connosco. Brindámosche a oportunidade de facer efectivos os teus desexos de mellorar o mundo no que che tocou vivir.

Grazas a todos pola colaboración.

Álvaro Janeiro Márquez

Presidente