Desde a súa constitución FUNDESAR colaborou cos CPR-EFA de Galicia xestionando recursos para os siguintes proxectos e accións:

  1. Obras de acondicionamento de edificios nos tres centros: Fonteboa, Piñeiral e A Cancela.
  2. Construción dos seguintes inmobles: "Polo de Estudos e Servizos da Panificación e Repostería" na EFA das Cancelas, concello das Neves (Pontevedra) e "Polo de Competencias para o Desenvolvemento Rural" na EFA Fonteboa, concello de Coristanco (A Coruña).
  3. Axudas de estudo para alumnos dos módulos de ensinos regrados non subvencionadas.
  4. Dotación para un profesor bolseiro en cada unha das EFAS (periodicidade anual).
  5. Instalación da aula de informática na EFA Fonteboa e do equipo de megafonía a disposición da Federación das Escolas Familiares Agrarias de Galicia.
  6. Adquisición de material audiovisual e informático para os tres centros educativos.
  7. Apoio do programa de fomento da lectura entre alumnos e familias: xestión para a concesión de 6 libros de literatura ao mes para as bibliotecas de cada un dos centros.
  8. Colaboración económica e técnica en bastantes programas de desenvolvemento rural, entre os que destacan os denominados do seguinte modo:
  • Integración profesional e territorial dos empresarios do sector agrogandeiro e afíns
  • Mocidade emprendedora no medio rural
  • Difusión da cultura xacobea
  • Os novos actores locais do desenvolvemento nos territorios rurais
  • O medio rural hoxe
  • Dentro do programa de voluntariado, "Rede para a xestión conta corrente de tempo voluntario"

Para poder levar a cabo estas actuacións en beneficio do medio rural FUNDESAR contou coa colaboración de diversas empresas e particulares, que achegaron o seu tempo, coñecementos e/ou diñeiro.

As doazóns realizadas foron obxecto de dedución na base impoñible do Impueso de Sociedades ou na cota do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, de acordo cos límites, condicións e requisitos na lexislación vixente.