• FUNDESAR apoia proxectos que contribúen ao desenvolvemento sostenible do medio rural galego

  • A formación integral dos mozos, base necesaria para unha sociedade sa

  • A participación da familia: un elemento crave no proceso educativo

  • Apostamos por unha capacitación profesional de excelencia orientada ao emprego

Unha inxección de vida no medio rural de Galicia

Acompañamiento na inserción laboral

Nos nosos días Galicia aínda ten un forte compoñente rural, que non deriva tanto polo peso do sector primario no produto interior bruto da Comunidade Autónoma como pola vinculación dos seus habitantes co mundo rural, aínda que por circunstancias do seu traballo residan habitualmente en núcleos urbanos. Con todo, tamén esta rexión corre o risco de perder, se non se reacciona a tempo, boa parte do conxunto de valores conectados coa cultura rural e o equilibrio, esencialmente sustentable, que contextualizaba a produción agraria e as súas necesidades colaterais nun marco físico concreto e determinado.

As características específicas da poboación galega no espazo rural –dispersa, pouco cualificada e con profesións sometidas a unha intensa transformación tecnolóxica- e maila deficitaria situación da produtividade agraria provocaron o traslado de moita xente do campo ás cidades e como consecuencia, o abandono de numerosos asentamentos rurais, sobre todo nas provincias galegas do interior, onde a tendencia parece imparable. En contraste con esta realidade, entre a poboación urbana apréciase un movemento que volve a súa mirada cara ao territorio rural e as súas paisaxes ben conservadas, cuxo coñecemento e gozo resulta hoxe accesibles grazas ás novas tecnoloxías da comunicación e ás modernas infraestruturas viarias.

Non podemos ignorar que a perda de poboación rural e o seu consecuente envellecemento é un problema grave nin descoñecer que a solución se atopa máis que no campo da demografía no de unha política integral en favor do rural. Para lograr manter o mundo rural vivo requírense formas de actuar que velen para que o sistema produtivo non resulte irreversiblemente danado, os servizos públicos sexan sustentables, e a implantación de plans de ordenación territorial que busquen un equilibrio ponderado e racional, nos seus aspectos urbanísticos, infraestructurais e dotacionais .

O reto non é fácil pero parece claro que o futuro do rural debe pasar non só polo desenvolvemento das actividades propias da produción agroalimentaria e forestal, senón tamén por unha aposta decidida en favor da diversificación económica destas áreas, con actividades complementarias como as que se derivan do desenvolvemento do sector turístico vinculado á natureza ou as rutas históricas e paisaxísticas, etnográficas ou gastronómicas.

O medio rural galego presenta debilidades e oportunidades que convén analizar para adoptar decisións tendentes a poñer en valor as súas potencialidades. Estamos ante unha tarefa urxente e corresponde acometela non só aos políticos senón a todos os axentes que operan nel. No debate sobre as vías de transformación socioeconómica do rural non caben receitas xerais senón que cada comarca debe buscar o seu camiño máis axeitado de desenvolvemento dentro do marco común.

Neste contexto, FUNDESAR quere comprometerse con esa tarefa e cooperar para incentivar a economía sustentable e a fixación da poboación no medio rural de Galicia, comezando polas zonas de influencia dos centros educativos situados nos dous inmobles da súa propiedade: as comarcas de Bergantiños e Terras de Melide .

Programa de acompañamiento en la inserción laboral

Programa Primeiro emprego

Nos nosos días Galicia aínda ten un forte compoñente rural, que non deriva tanto polo peso do sector primario no produto interior bruto da Comunidade Autónoma como pola vinculación dos seus habitantes co mundo rural, aínda que por circunstancias do seu traballo residan habitualmente en núcleos urbanos. Con todo, tamén esta rexión corre o risco de perder, se non se reacciona a tempo, boa parte do conxunto de valores conectados coa cultura rural e o equilibrio, esencialmente sustentable, que contextualizaba a produción agraria e as súas necesidades colaterais nun marco físico concreto e determinado.

Aulas multimedia EFA Piñeiral

A Formación Profesional ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional determinado e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal e á aprendizaxe permanente.

Loading feeds...