• FUNDESAR apoia proxectos que contribúen ao desenvolvemento sostenible do medio rural galego

  • A formación integral dos mozos, base necesaria para unha sociedade sa

  • A participación da familia: un elemento crave no proceso educativo

  • Apostamos por unha capacitación profesional de excelencia orientada ao emprego

Unha inxección de vida no medio rural de Galicia

escola-pais-nis

FUNDESAR promueve e xestiona recursos para levar a cabo actividades de formación complementaria á aprendizaxe dos cursos de educación regulada na sé dos centros situados nos seus inmuebles (CPR-EFAS), tanto durante o curso académico como en época estival. Para iso busca a cooperación doutras entidades e persoas físicas.

Este programa diríxese preferentemente a persoas novas e da contorna, pero tamén se ofrece a grupos procedentes doutras partes de España. O formato e o contido das actividades é variado: caben todo tipo de cursos, xornadas técnicas, talleres e seminarios continuos ou discontinuos, que se dediquen a cuestións propias da actividade agraria, a economía doméstica, materias que complementan ou amplian asignaturas dos ciclos de formación profesional que se imparten nas 3 EFAS, ou calquera outra que resulte de interese.

Son habituais sesións para a formación de voluntarios durante os fins de semana e cursos de formación integral de mozos organizados durante o verán. Dentro deste programa destacamos as seguintes actividades que este ano apoia a Fundación: escola de pais e nais na EFA Piñeiral, reunións mensuales na EFA Fonteboa.

A finalidade deste programa é dobre e complementaria: as actividades procuran á vez unha formación personalizada de marcado carácter social e constitúen unha fonte de recursos económicos necesario para o mantemento dos inmuebles e a actividade ordinaria dos Centros.

 

 

Programa de acompañamiento en la inserción laboral

Programa Primeiro emprego

Nos nosos días Galicia aínda ten un forte compoñente rural, que non deriva tanto polo peso do sector primario no produto interior bruto da Comunidade Autónoma como pola vinculación dos seus habitantes co mundo rural, aínda que por circunstancias do seu traballo residan habitualmente en núcleos urbanos. Con todo, tamén esta rexión corre o risco de perder, se non se reacciona a tempo, boa parte do conxunto de valores conectados coa cultura rural e o equilibrio, esencialmente sustentable, que contextualizaba a produción agraria e as súas necesidades colaterais nun marco físico concreto e determinado.

Aulas multimedia EFA Piñeiral

A Formación Profesional ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional determinado e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da vida, así como contribuír ao seu desenvolvemento persoal e á aprendizaxe permanente.

Loading feeds...